Efervesciencia-logo

Efervesciencia

10 Favorites

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.
More Information

Location:

Santiago de Compostela, Spain

Description:

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.

Language:

Galician


Episodes

Efer 413 (19-11-17): Tecnoloxía aberta á feira no OSHWDem17

11/19/2017
More
Monográfico dedicado a maior feira maker de España, o Oshdem que tivo lugar na Domus dos Museos Científicos Coruñeses. Participan Manuel Miramontes, Tucho Méndez, María Loureiro, Paola Guimaráns, Juan González "ObiJuan" Miguel Ángel Miezoso "Fixo", Óscar Abad, Felu Couto, Félix Sánchez Tembleque, Rubén Fernández e José Luis González Castro .

Duration: 00:58:48


Neurocomic + O segredo de Coimbra [Cambio de fase]

11/14/2017
More
Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.

Duration: 00:08:35


Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non

11/14/2017
More
Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de...

Duration: 00:09:31


Atrás do "paper": Mamíferos e ciclo de carbono con Mar Sobral

11/13/2017
More
Coñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. Este é o vídeo divulgativo que elaborou a xente de Divulgare para dar a coñecer o traballo de Mar Sobral https://vimeo.com/218616392

Duration: 00:15:10


Resolve este problema estatístico e gaña un libro

11/12/2017
More
Deixámosvos este pequeno enredo estatístico. Se sabes a resposta escríbenola ó noso correo efervesciencia@radiogalega.gal. O primeiro oínte que acerte antes do 24 de novembro de 2017 ha levar un libro de divulgación científica. Igualmente teremos un agasallo para aquela rapaza ou rapaz que participe no proxecto Stat Wars do grupo de bioestatística da USC e sexa o primeiro en dar a solución correcta. Que a estatística vos acompañe!

Duration: 00:03:59


O cheiro a morto [Moléculas en Galego 9]

11/10/2017
More
A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.

Duration: 00:02:11


Como os ordenadores aprenden as palabras con Paulo Gamallo

11/10/2017
More
Para o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.

Duration: 00:22:42


Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?

11/10/2017
More
Para o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos. A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”. Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación...

Duration: 00:57:32


Infiltrados no "Road to the stars"

10/30/2017
More
Asistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Conversamos con César González (INCIPIT), Marco García Quintela (USC), Ana Ulla (Universidade de Vigo), Julio Navarro (University of Victoria-Canada), Cecilia dal Zovo (Incipit) e o luthier Giuseppe Severini. Conversamos sobre materia escura e simulacións do universo, g-astronomía, o ceo que cae na cabeza dos galos ou o organistrum do Pórtico da Gloria...

Duration: 00:31:31


A química das cabazas [Moléculas en Galego 8]

10/30/2017
More
O samaín é unha festa chea, entre outras cousas, de cabazas. E aquí tamén temos química.

Duration: 00:01:47


Efer 410 (29-10-17): Por que os galos temían que o ceo caese nas súas cacholas?

10/29/2017
More
Asistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Coñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. As cabazas e o samaín chegan a "Moléculas en Galego"

Duration: 00:57:59


No SciCom PT 2017 en Coimbra

10/26/2017
More
Asistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciCon) e Carlota Simoes (directora do Meseu da Ciencia da Universidade de Coimbra). Matteo Merzagora dirixe o Parque das Ciencias Pierre-Gilles de Gennes–ESPCI en París. Alí desenvolven un novidoso modelo de participación do público na preparación de exposicións.

Duration: 00:14:45


Buratos negros con Jorge Zanelli e José Edelstein

10/26/2017
More
O físico chileno Jorte Zanelli describiu en 1992, xunto con Banados e Teitelboim, os buratos negros en 2+1 dimensións chamados BTZ. Nos nosos microfónos Zanelli denominou a este achado como "buratos negros de xoguete para facer cálculos matemáticos". Conversamos con Zanelli da man de José Edelstein e permitímonos mesmo unha pequena "viaxe ao futuro"...

Duration: 00:22:58


A química do pan [Moléculas en galego 7]

10/24/2017
More
Para elaborar pan temos que misturar fariña, auga, lévedo e sal. A pasta resultante amásase e logo dun tempo de repouso métese no forno. Parece sinxelo, non si? Pero a nivel molecular acontecen unha chea de procesos.

Duration: 00:02:54


Efer 409 (22-10-17): O Wi-Fi sae dun burato negro

10/22/2017
More
Sabías que grazas á investigación en buratos negros podemos dispor actualmente da tecnoloxía Wi-Fi? Conversamos sobe buratos negros, materia escura e noble ás ondas gravitaciónais cos físicos José Edelstein (USC) e Jorge Zanelli (CECs en CHile). Asistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciCon) e Carlota Simoes (directora do Meseu da Ciencia da Universidade de Coimbra). Matteo...

Duration: 00:45:42


O inaudito - Tomas falsas

10/15/2017
More
Tomas de son falsas gradadas durante anos que viron o aire na Gala "Férveche a mente"

Duration: 00:03:35


Canción dos 118 elementos en galego

10/8/2017
More
Velaquí, por primeira vez en galego e cos 118 elementos actuais, a Canción dos Elementos interpretada ao vivo no Teatro Principal de Santiago por César Goldi (voz) e Manuel Riveiro Piano na Gala "Férveche a mente" o 30-9-17. O arraxo é de Miguel Vicente. Hai moitas versións da "The Element Song" de Tomas Lehrer. A orixinal só contaba con 102 elementos. En español destaca a de Nacha Guevara. So coñecemos unha versión actualizada aos 118 elementos actuais aprobados pola IUPAC o 28 de...

Duration: 00:03:53


Efer 407 (8-10-17): Gala de 10 anos "Férveche a mente" (1ª parte)

10/8/2017
More
Con música, humor, ciencia e moitos amigos e invitados celebramos os 10 anos de Efervesciencia en antena coa Gala "Férveche a mente" no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 30-9-17. Acompañáronnos Manuel Riveiro (Piano), Pepé Ferreirós (Gaita Irlandesa), Ilduara Vicente (Violín), César Goldi, Luisa Pena, Rosa Pedrido, José Ignacio Fernández Vera, Rosa Crujeiras, Salvador Naya, Borja Tosar, Fernando Aguado, Minia Manteiga, Wicho, Emilio Castro, Francisco Novoa, Ana Ulla, Irene...

Duration: 00:59:10


Efer 406 (1-10-17): Estamos nunha nube

10/1/2017
More
Visitamos o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes en Sarria na Granxa Escola Barreiros. Desde a biblioteca do IES Alenxandre Bóveda de Vigo estreamos "Cambio de fase" sección de ciencia e banda deseñada con Daniel Pizarro. Con "Moléculas en Galego" imos recoller cogomelos. O catedrático de física da USC leva 20 anos traballando no Observatorio Pierre Augir. 400 investigadores deste proxecto internacional de detección dos raios cósmicos máis enerxéticos do universo veñen de...

Duration: 00:55:18


Efer 405 (24-9-17): Operación Guidoiro Areoso

9/24/2017
More
Nesta hora de radio imos coller pico e pala porque vos invitamos a que nos acompañedes de escavación arqueolóxica. Poñede protector solar, agarrade ben o chapeu pra evitar que saia voando co vento e preparádevos para mollar os pes. O punto de partida é o porto da Ribeira de Chazo na Illa de Arousa onde habemos coller un barco-taxi. Logo de navegar un par de millas con rumbo suroeste desembarcaremos na praia dun pequeno illote deshabitado de apenas 600 m de longo de norte a sur. Tras...

Duration: 00:56:16

See More