Programas Especiais RFM Colectivo OPAII-logo

Programas Especiais RFM Colectivo OPAII

Politics

A Rádio Livre e Comunitaria da Terra de Trasancos emitindo desde Ferrol [93.9 FM]

Location:

United States

Genres:

Politics

Description:

A Rádio Livre e Comunitaria da Terra de Trasancos emitindo desde Ferrol [93.9 FM]

Language:

Galician


Episodes
Ask host to enable sharing for playback control

Recebimento popular de Xam e Inácio

6/20/2025
Intervençons dos compañeiros Xam Lopes e Inácio Martínez, membros da delegaçom galega na Marcha a Gaza no momento do recebimento popular na praza do Concello de Ferrol o 19/06/2025. Audio grabado por Lupe cés.

Duration:00:41:41

Ask host to enable sharing for playback control

"Las adorables derrotas" de Karlotti

4/14/2025
Presentación de libros e algo máis... "Las adorables derrotas" de Juan Carlos Valle (Karlotti) coa participación de Marcos Lorenzo, Nicolás Vidal, Pamen Pereira, Eugenia Sanmartín, Chefa Alonso, Adrián Abril, Roger de Flor, Helga Méndez, Iolanda Teijeiro, Lorena Calaza e Karlotti. Sábado, 12 de abril de 2025 no Centro Cívico de Canido.

Duration:00:48:06

Ask host to enable sharing for playback control

O Ferrocarril (que está por vir e non chega) - Parte I

4/2/2025
Palestra de Xoán Vásquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, no Ateneo Ferrolán o día 01 de abril de 2025. Organizada polo "Foro Cidadán polo Tren"

Duration:01:39:46

Ask host to enable sharing for playback control

Programa Especial Pecha Kucha Eleitoral en Canido - 2019

4/5/2019
Programa Especial Pecha Kucha Eleitoral en Canido - 2019, non o perdades, Programa Especial Pecha Kucha Eleitoral en Canido - 2019, Programa Especial Pecha Kucha Eleitoral en Canido - 2019, Programa Especial Pecha Kucha Eleitoral en Canido - 2019, Programa Especial Pecha Kucha Eleitoral en Canido - 2019

Duration:01:33:45

Ask host to enable sharing for playback control

X Conspirando Por Umha Radio Libre 29-03-2018

4/8/2018
O xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrará a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”. Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos apresentou a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival houbo radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio FilispiM e riquísimos petiscos... Rádio FilispiM, nacida libre.

Duration:02:16:26

Ask host to enable sharing for playback control

Acto em reconhecemento da luita do movemento opositor a REGANOSA

6/10/2016
Atendendo a chamada do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, Rádio FilispiM acudiu a gravar o ato realizado este joves 2 de junho, que teve lugar em Ferrol, no Centro Cívico Carvalho Calero. Ao ato acudiu todo o movimento opositor a Reganosa, e sucedéronse multitude de intervençons do mundo da cultura, políticas e artísticas que nom queriam deixar de dar ou seu apoio e reconhecemento á constância, força e valor das gentes da comarca nesta luita. Também lembrarom @s que já nom estam com nós e que levam moi presentes em todo quanto fam

Duration:02:20:18

Ask host to enable sharing for playback control

Programa Especial - XVI Sesión Vermú 2015

11/18/2015
O Sábado, 31 de Outubro ás 12:00 na Traseira do Mercado de Caranza, celebramos a XVI Sessiom Vermú de Rádio FilispiM 93.9FM, con a actuazón dos Dj's: "Please don't touch" e "Salvaje". MÚSICA, PETISCOS RÁDIO E BO AMBIENTE. As novas chapasde Rádio FilispiM están Super Chulas!! Nom o podes perder.

Duration:02:48:19

Ask host to enable sharing for playback control

Programa especial polo 8 de abril, día internacinal do Pobo Xitano

4/9/2015
Programa especial do Colectivo OPAII - Rádio FilispiM, motivado polo día internacional do Pobo Xitano [8 de Abril] Entrevistas, música en directo, conexións telefónicas... conmemorando e profundizando na cultura cigana. Conducido e apresentado por Miguel Castro Serantes.

Duration:02:04:58

Ask host to enable sharing for playback control

1ª Sesión Golfa de Rádio FilispiM, fin de grella 2013/2104

7/14/2014
O pasado venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, aconteceu a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM. Durante tres horas realizouse un programa de radio en vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, aavaliaron o curso radiofónico que vén de findar. Ademáis, por vez primeira, Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock, punk, o pop, ska, folk, fusión, a música disco... e todos os estilos musicais que enchen a grella da Filispim, protagonizaron este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol. Como non podía ser menos, non faltou rica cervexa, calimotxo, e refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos pinchos!!!. Ademáis, durante o programa especial realizouse un sorteo de camisolas filispininas!!. As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Duration:03:09:12

Ask host to enable sharing for playback control

Especial Informativos Locais. Marchas da Dignidade, 22M

3/22/2014
Especial Informativos Locais, Marchas da Dignidade, 22M Información e contactos cos veciños e veciñas de Ferrolterra que neses momentos viaxaban en trens, autocarros e autos particulares a Madrid. Emitido en directo o sábado 22 de Marzo de 2014 entre as 12:30 e 14:00 h. Redacción Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/GZ). .............................................................................................................. + info http://opaii.blogspot.com

Duration:01:22:48

Ask host to enable sharing for playback control

Programa Especial XIV Sessiom Vermú de Rádio FilispiM, 14 de Setembro de 2013

9/16/2013
Programa Especial XIV Sessiom Vermú de Rádio FilispiM, 14 de Setembro de 2013 . Presentamos umha vez mais a grelha filispiniana, com entrevistas aos programas desta tempada 2013-2014 e escoitamos ao vivo ao grupo Qualatocamos? que amenizou a festa. A disfrutar!!!

Duration:03:11:18

Ask host to enable sharing for playback control

XIII Sesión Vermú Colectivo Opaii!-Rádio Filispim (22/06/2013)

6/24/2013
Gravación do programa especial no transcurso da XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, onde algúns dos programas fixeron balanzo da grella 2012/2013 e actuaron os artistas locais RUBÉN ARTABE e @S CARANCERETEIR@S. + info en http://opaii.blogspot.com

Duration:03:08:53

Ask host to enable sharing for playback control

Cobertura Xornada Europea Folga Xeral -14N2012

11/14/2012
Cobertura Xornada Europea Folga Xeral -14N2012 Logo da estupenda cobertura da manhá dos nosos companheiros de CUAC FM de A Corunha, cuxo sinal enlazamos en Rádio FilispiM, os integrantes de Rádio FilispiM en Ferrol, recollimos o testigo e continuamos informando xa na tarde. O programa especial comezou as 18:00 h. e rematou cara as 20:00. No estudio estiveron: - Cholo Martínez. - Miguel Reimundez. - Pablo Melaski - Miguel Castro e o Pequeno Monstro. O programa estivo basicamente dividido nas seguintes seccións: 1º O porqué da convocatoria da Folga Xeral do 14N. 2º Como transcorreu, repercusión, datos -no local, País, Estado e Europa. 3º Como a vivimos cada quen. Crónicas persoais dos integranes do Colectivo/Radio. 4º Documentos sonoros rexistrados polos reporteiros de Rádio FilispiM. 5º Cobertura polos medios, terceiro sector medios que cubriron, cobertura de Cuac FM. Conexión vía dúplex con Radio ELA, libre de Madrid. 6º Partiicipación activa dos ouvintes, telefono directo, twiter, facebook... 7ª Valoracións finais. + info en http://opaii.blogspot.com Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM [93.9 FM, Ferrol]

Duration:02:09:57

Ask host to enable sharing for playback control

XII Sesión Vermú, Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM [sábado 16/06/2012]

6/21/2012
XII Sesión Vermú para fechar a programación de Rádio FilispiM, por este curso 2011/2012. Data: Sábado 16 de xunho de 2012 Lugar: Traseira do Mercado de Caranza-Ferrol. Hora: dende as 12:00 h. do mediodía e até as 15:00 h. Programa de RADIO EN DIRECTO no 93.9 FM e vía STREAMING en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg Os programas de Rádio FilispiM que o desexaron avaliaron como foi este curso radifónico na libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol. Actuou o grupo folc da comarca ALÉN DE ANCOS, semanas antes de participar no Festival Internacional Celta de Ortigueira -> http://www.reverbnation.com/alendeancos Tomamos riquísimos PETISCOS filispinianos acompañados dun delicioso VERMÚ!! A entrada foi de balde. Colabora coa radio libre, mercando o material promo da Rádio FilispiM: CHAPAS e ... NOVAS CAMISOLAS, NOVOS DESENHOS!!!! ;-) Máis info en: http://opaii.blogspot.com/

Duration:03:20:24

Ask host to enable sharing for playback control

Especial Cobertura Folga Xeral 29M - Rádio FilispiM [Resumo] (2/2)

3/30/2012
Programa Especial Cobertura Folga Xeral 29M - Rádio Filispim (2/2) - Parte 2 A primeira parte podela otopar nesta canle de Ivoox, ou mesmo en: http://opaii.blogspot.com.es/2012/03/programa-especial-filispiniano-cubrindo.html

Duration:00:04:09

Ask host to enable sharing for playback control

Especial Cobertura Folga Xeral 29M - Rádio FilispiM [Resumo] (1/2)

3/29/2012
Resumo [3 h. aprox] da emisión na rádio livre de Ferrol/Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM do especial horas ESPECIAL FOLGA XERAL 29M, donde se expresaron MILLEIROS de VOZES trasanqueiras-ferrolás CONTRA DA REFORMA LABORAL DO DEREITISTA PARTIDO POPULAR e tomamos o pulso ao que acontecía noutras vilas do país e do estado ao través de duplex radiofónicos coas radios libres e comunitarias: Rádio Klara de Valencia, Radio ELA de Madrid e Cuac FM de A Corunha]. Para todo o mundo en STREAMING en -> http://giss.tv:8000/radiofilispim.oggrnrnrnColectivo Opaii!-Rádio FilispiM [Ferrol/Trasancos, 93.9 FM]rnrnhttp://opaii.blogspot.com Parte 1

Duration:01:36:50

Ask host to enable sharing for playback control

Programa Xornada de Solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PROSOLIDARIEDADE

12/22/2011
Na véspera do dia de acción global contra o racismo celebramos este acto, no cal participan Radio FilispiM 93.9 FM, AC Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, AAVV Esteiro, Colectivo Ärtabra 21, Fóro Galego de Inmigración e o propio Comité Antisida de Ferrol, LAZOS PRO SOLIDARIEDADE.

Duration:02:54:42

Ask host to enable sharing for playback control

Foro Social Ferrolterra Que cousa e vivir ben

9/25/2011
25/09/2011 Charla do Foro Social de Ferrolterra. Radio FilispiM 93.9 FM é a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos emitindo desde Ferrol, e que pertence tanto á ReGaRLiC (Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias) e á REMC (Rede Estatal de Medios Comunitarios).
Ask host to enable sharing for playback control

Foro Social Ferrolterra Outros concellos, outras realidades

9/25/2011
25/09/2011 Charla do Foro Social de Ferrolterra. Radio FilispiM 93.9 FM é a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos emitindo desde Ferrol, e que pertence tanto á ReGaRLiC (Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias) como á REMC (Rede Estatal de Medios Comunitarios).

Duration:01:32:49

Ask host to enable sharing for playback control

Foro Social Ferrolterra Como frenar a perda de dereitos

9/25/2011
24/09/2011 Charla do Foro Social de Ferrolterra Radio FilispiM 93.9 FM é a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos emitindo desde Ferrol, e que pertence tanto á ReGaRLiC (Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias) e á REMC (Rede Estatal de Medios Comunitarios).

Duration:01:16:14