O Son das Ideas
Science Podcasts
Benvidos a ese recuncho do espectro sonoro onde se xuntan curiosidade, lóxica e leria!
Location:
Spain
Genres:
Science Podcasts
Description:
Benvidos a ese recuncho do espectro sonoro onde se xuntan curiosidade, lóxica e leria!
Twitter:
@osondasideas
Language:
Galician
Email:
info.erdati@gmail.com
Episodes
O Son das Ideas - E05 - O pesadelo de Erwin
3/3/2019
Nun desesperado intento de achegar a fisica cuantica ao entendemento popular, as derradeiras palabras de Erwin Schrodinguer foron para formular o seu xa famoso experimento mental. A superposición cuántica é o principio físico que está detras deste experimento. Neste episodio adicarémonos a explicar este principio e reflexionaremos se o devandito experimento podería ser reproducido exactamente fóra das nosas cabezas. A música corre a cargo de Ataque Escampe, Josele Santiago e Symphony of Science.
Duración:00:27:57
O Son das Ideas - E04 - Estar na onda
12/24/2018
Desta vai son (aínda que de ideas tamén). Neste episodio exploramos a natureza ondulatoria do son xunto con algunhas das súas propiedades máis abraiantes e tamén terroríficas. A música corre a cargo das Ataque Escampe, Disturbed, DepasRec e máis o Xabarín e a Xababanda.
Duración:00:32:14
O Son das Ideas - E03 - Ciberrealidade
10/8/2018
Benvidos a este recuncho do espectro sonoro! Máis vale tarde que nunca rapaces. Aquí estamos de novo, desta vez para abordar un tema tan atractivo como a Intelixencia Artificial. Primeiro daremos luz a un dos campos que máis avance sufriu de toda esta rama do saber como é a visión artificial, reflexionando sobre a dificultade da tarefa e sobre que é o feito que pasou para que esteamos vivindo unha auténtica revolución. Para rematar conversaremos un pouco sobre os posibles cambios que pode provocar o desenvolvemento da IA e sobre como pode afectar a nosa vida cotiá. De novo, a intro corre a cargo das Ataque Escampe co seu tema "Eu quero ser o malo da película".
Duración:00:38:13
O Son das Ideas - E02 - Domadores de luz
7/4/2018
Este segundo episodio do podcast estará adicado a algo tan interesante como útil: o láser. Exploraremos como foi o seu proceso de descubrimento e mais todas as súas magníficas propiedades. Ademais, faremos tamén un percorrido polas aplicacións máis sorprendentes nas que o láser é vital. A intro corre a cargo das Ataque Escampe, nin que dicir ten que vos debedes pasar inmediatamente polo seu bandcamp a botarlle un ollo a súa música. Non ten desperdicio. Música utilizada: Eu quero sero malo da película, Ataque Escampe Fly me to the moon, Claire Laser Gun, M83
Duración:00:27:50
O Son das Ideas - E01 - Canto tempo!
5/20/2018
Benvidos a este recuncho do espectro sonoro onde xuntan curiosidade lóxica e leria! Neste podcast inaugural, trataremos un asunto tan peliagudo como interesante, o transcurso do tempo. Abordaremos a visión que ten a ciencia sobre o tema e a súa importancia no principio da causalidade, algo fundamental no método científico. Exploraremos tamén as posibilidades de viaxar ao pasado e como cine explorou toda esta temática. A intro corre a cargo das Ataque Escampe, nin que dicir ten que vos debedes pasar inmediatamente a botarlle un ollo a súa música. Non ten desperdicio.
Duración:00:31:11