A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04-logo

A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04

0 Favorites

oink divas

Location:

United States

Description:

oink divas

Language:

Galician


Episodes
Ask host to enable sharing for playback control

A Canicidade con David Gesteira - AI, DIOMIO! 02x07

3/18/2024
Hoxe estivemos co creador do podcast "Descrifrando a Historia" David Gesteira para falar de todo o que ten a ver coa Caniza (máis comunmente denominada A Cañiza). Aquí falamos de xamón, de historia da Gallaecia, de patrimonio comido polas silvas, de toponímia deturpada, de ataques galegófobos en Tui, de invasións francesas trapalleiras, do camiño da raíña e de non poder ir a escola pola neve. #DavidGesteira #DescifrandoAHistoria #AiDiomio! #PodCast

Duration:00:47:00

Ask host to enable sharing for playback control

A Valguidade con Sara Seco - AI, DIOMIO! 02x06

1/17/2024
Hoxe estivemos coa tiktoker gaiegueira herslef Sara Mollada aka Sara Seco, falando de ser de Valga, da ilexítima independencia de Pontecesures, do redesenho do escudo do concello, do himno de Valga, de Valga (Estonia), de xuíces nostálxicos e de Lucianita.

Duration:00:35:29

Ask host to enable sharing for playback control

A Polidade co Sergio Marei - AI, DIOMIO! 02x05

11/16/2023
Hoxe estiven co Sergio Marei falando do fabuloso concello de POL. Este concello pertencente á comarca de Meira é o berce do único santo 100% galego, aparte de ser o número un de vacas por habitante moitos anos. Sergio estivo falando da súa colección Espantallo, de ser queer na ruralidade, da vecinha que da tiros ao aire pa que non lle rouben as berzas e da Cidade Deportiva de Pol. A non perder!

Duration:00:44:21

Ask host to enable sharing for playback control

A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04

3/28/2022
Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos graciosos', da influencia da xeografía na arte, do conflico identitario bierciano, da marmelada de pementos, de ir a bailes regionales no colexio de monxas e de estar cagando y limpiarse el culo. Escoitar ti! #JelenSuperstar #Bierzo #AiDiomio

Duration:00:39:48

Ask host to enable sharing for playback control

A ReBurelidade con Marisa Prisa - AI, DIOMIO 02x03

2/22/2022
Hoxe estiven falando con Javi Eijo (aka Marisa Prisa), a primeira concursante Galega na segunda tempada de Drag Race España, sobre ser de Burela, de rivalidades localistas, do odio cara Foz, da Festa Hortera do Porto do Son, de ser unha halloween/Pride queen, de escoller nome drag, de moda 'unisex', de vestidos de noivo, do Drag Bingo burelán, da sexualización de 'hetero-curiosos' do drag e de profesionalizar a arte. Escoitar ti! #MarisaPrisa #Burela #DragRaceEs

Duration:00:44:20

Ask host to enable sharing for playback control

A Carreiridade co Carlos Lixó - AI, DIOMIO 02x02

2/1/2022
Hoxe estiven mais unha vez falando co Carlos, desta vez sobre Carreira. Neste programa falamos do imperio caido, da perda de territorio carreirán, de estar cucú, da gloria pasada, de crise identitaria, do Portugal de Carreira, de Don Alejandro, de movementos de poboación, do absurdo do Barbanza, da sabedoría da Igrexa Católica, de Arciprestados, de Sálvora e de María José a do Coro. Escoitar ti! #CarlosLixó #AiDiomio #PodCast

Duration:00:40:30

Ask host to enable sharing for playback control

A Europeidade con Fora de Mapa - AI, DIOMIO 02x01

1/24/2022
Novo ano nova tempada! Desta vez estiven a falar con María e Juan, creadoras do podcast Fora de Mapa (https://linktr.ee/forademapa) onde indagan sobre diferentes minorías étnicas e culturais da Europa. Neste capítulo estivemos falando da súa orixe vital, do que é para elas ser de Europa, de intercambios de poboación, de ser medio castellana, de vivir na diglosia, de pasaportes covid, de quen ten a pataca máis grande, de supremacismo turco e de estados sin nación.

Duration:01:02:01

Ask host to enable sharing for playback control

A Cuenquidade co Christo Casas - AI, DIOMIO! 01x09

9/22/2021
Hoxe estiven falando cun senhor que é de (e mira a) Cuenca! Bon, concretamente do municipio de Henarejos. Estivemos a falar de 'La Hespanha vacía', do seu primeiro libro 'El Power ranger... Violeta? (Rosa)', de aprender a falar gaiego, de comer paella en Xinzo, de identidade de transición, de mirar os debuxos animados en valenciá, de Almortas, de ser o marica da aldea, do xudaísmo, de que mamá fale francés, de ser do Porrinho e catalanismo. Escoitar ti e así!

Duration:01:07:00

Ask host to enable sharing for playback control

A Ourensanía coa Arancha Nogueira - AI, DIOMIO! 01x08

9/15/2021
Hoxe estivemos a falar coa Alancha Motora de cacolas, de #SelfCare, de historia do podcast galego, dos vapores termais, de praia a 50 minutos, de despoboación, do Senhor Culotis, de desarraigo, de diverxencia neuronal, de especulación, de Jácome, de circo político e do paraugas universal. Escoitade e así!

Duration:00:58:33

Ask host to enable sharing for playback control

A Pontevedridade co Guille Juncal - AI, DIOMIO! 01x07

9/4/2021
Hoxe estiven falando co Guillermo Juncal, concelleiro do Concello de Pontevedra polo PP sobre alimentación, ser un ppero de menos de 45 anos, de paddle surf, do plan urbanístico pontevedrés, sobre seguridade vial, do chauvinismo 'socialista', sobre corrupción, sobre aires de senhorío de vila, localismo exacerbado, sobre non ver un matraquillo diante na vida, sobre persoas non gratas, sobre ser demasiado 'rojo' e sobre a necesidade primordial de ENCE. Esoitar ti!

Duration:01:07:13

Ask host to enable sharing for playback control

A Cedeiridade con Cousas RarismASMR - AI, DIOMIO 01x06

8/14/2021
Estiven o outro día con Helena Antía (@Cousas RarismASMR) falando de ASMR, de meter man en cu de vaca, de andar ás voltas, de ser artista, de la Capilla, de desarraigo, da tusa, da tradición 'celta', das caliveras, do requeixo da Capela, de vivir nun hotel, de conhecer celebridades e de freixós. #CousasRarismASMR #AiDiomio #PodCast

Duration:00:59:44

Ask host to enable sharing for playback control

A Burelidade con Paula Jorge

7/28/2021
Estiven o outro día con Paula Jorge falando sobre ser de Burela e o que isto conleva. Ademais tamén falamos de Bullela, de sair no Luar, de TikToks deses, de opositar, da diversidade cultural burelesa, de fútbol sala, de nacer en Cervo, da masificación turística, sobre a orixe da inmigración caboverdiana, da tradición marinheira, de Batuko Tabanka, de falar caboverdiano, de integración e así! Escoitar ti cousa!

Duration:00:59:46

Ask host to enable sharing for playback control

A Ribadensidade co Daniel Castro

7/12/2021
Hoxe estivome acompanhando o Miguel para tratar co Daniel Castro a condición de ser de Enrriba do Eo (Ribadeo). Ademais estivemos a falar ter problemas de desfase de audios, de Jessi de Noia, da problemática da Ría do Eo, de endogamia, de ser deputado, de Ribagueto e Ribaguai, da canción do verán da gaiega, de Indianes, de romarías, de Raffaella Carrá, da supremacía de Castropol, de movida no parlamento, dos Madracas, de aroz caldoso, de HollyFoz, de macrodiscotecas no rural e de traer a Chayane ao Monte do Gozo. Escoitar e así!

Duration:00:58:10

Ask host to enable sharing for playback control

A Camarinhidade co Cousxs

6/15/2021
Hoxe estiven falando co Cousxs (aka Carlos Barcia), maxistral compositor da sintonía deste podcast, ademais de ser músico, fotógrafo e youtuber. Con el estiven discutindo que é ser de Camariñas, como se compón música fermosa, a rivalidade con Muxía, sobre corvos e carneiros, naufráxios intencionados, illamento xeográfico, pintar casas con leite condensado, a gaiegueirade, a gheada e o seseo, insonorizar a túa habitación e algunha cousa máis! Escoita ti!

Duration:00:58:39

Ask host to enable sharing for playback control

A Llinassencidade con AL-V

6/3/2021
AL-V é une artiste catalán-galege que acaba de sacar o seu EP debut, 'Non quero morrer'. Natural de Llinars del Vallès (Barcelona), a metade das súas raices están na Pobra de Trives (Ourense). Hoxe estivemos discutindo como é medrar na área metropolitana de Barcelona conxugado coa súa procedencia galega. Ademais estivemos a falar do seu EP, de fonética catalá, da persona drag Licorka Fey, aprender gaiego, de bed and breakfast en Manzaneda, de apropiación cultural galega, do himno catalán, de ser dun sitio random, de ser co-host en Radio Primavera Sound, do pracer de conducir, do descubrimento folcórico e de hórreos no balcón. Xa disponhíbel nas túas plataformas de audio de confianza!

Duration:00:57:33

Ask host to enable sharing for playback control

A Rianxeiridade co Aquel-e

5/24/2021
No primeiro capítulo de 'Ai, Diomio!' estiven discutindo con Miguel Silva (O Aquel-e) a condición de ser de Rianxo, a Rianxeiridade. Ademais disto tamén estivemos falando de TikTok, do Mesón Boiro, da ser 'dos cochinas marranas', de Samantha Hudson, das festas do Castro, da Guadalupe, de ser 'da vila', do Antros Pinos, da lotería, dos pisos de Mahía, de comer cruasáns, de xoubas e de heteros. Comentar se ser bonito e así!

Duration:00:59:56